Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
"O FASCISMO DERRÓTASE CON CULTURA"

En Venezuela a revolución bolivariana terminou coa cultura de élites

O presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, participou no acto de entrega de títulos a 393 profesores especialistas en Desenvolvemento cultural. "O fascismo derrótase con cultura", foron as declaracións do presidente Chávez no acto realizado no Complejo Cultural Teresa Carreño. Chávez recordou ao poeta García Lorca no acto e dixo que en Venezuela "acabouse a cultura elitesca, restrinxida, que moitas veces non era cultura nin era nada. Hoxe hai en Venezuela unha enxurrada cultural".

Xurxo Martínez Crespo - 12:00 20/08/2008

"É unha revolución cultural o que está en marcha e hoxe máis que nunca, nestes dez anos de Revolución. Hoxe requírese con máis profundidade que nunca o pulo da revolución cultural. É a hora da grande ofensiva cultural en todos os centros de batalla", afirmou o presidente Chávez desde o Complejo Cultural Teresa Carreño.

Propuxo bautizar esta primeira promoción de licenciados en Ensino co nome do poeta Luis Mariano Rivera, e asegurou que estes promotores culturais "están a facer historia na loita pola revolución cultural".

O presidente Chávez lembrou que tal día como hoxe (por enote 19 de agosto) foi fusilado o poeta Federico García Lorca, "outro grande da cultura universal e foi un crime do fascismo, o fascismo non morreu".

O presidente venezuelano fixo alusión ás oligarquías venezuelanas que pretenderon incendiar o país; e referiu que "o fascismo derrótase con cultura e a cultura lógrase con coñecemento. Ser cultos para ser libres", dico citando un coñecido lema do revolucionario cubano José Martí.

Agregou o presidente venezuelano que América do Sur é o epicentro dunha revolución. "Temos unha batalla en todo o mundo, pero América do Sur é o epicentro da grande revolución do século XXI que aínda está comezando e non hai revolución sen cultura revolucionaria e sen conciencia revolucionaria".

Recalcou ademais que en Venezuela "acabouse a cultura elitesca, restrinxida, que moitas veces non era cultura nin era nada. Hoxe hai en Venezuela unha enxurrada cultural".


3,38/5 (8 votos)



Sofia a nova realidade cultural venezuelana. Foto © Xurxo Martínez Crespo
Sofia a nova realidade cultural venezuelana. Foto © Xurxo Martínez Crespo