Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DISCRETA ACTUACIÓN DO EQUIPO EN PORTUGAL

Dúbidas na elección dos ciclistas do KGZ para a “Vuelta”

Álvaro Pino ten aínda dúas prazas por adxudicar, e os elixidos sairán de entre os participantes na Volta a Portugal ou os da "Clásica de los Puertos", a celebrar o vindeiro día 24.

Redacción - 18:00 18/08/2008

O director do Karpin Galicia, Álvaro Pino, quixo seguir de cerca as evolucións dos seus discípulos na primeira xornada de alta montaña da Volta a Portugal disputada o pasado día 16, e acompañou a Xesús Blanco Villar que exerce na ronda lusa as funcións de dirección do equipo.

Os ciclistas do equipo galego realizaron un papel discreto nesta etapa, tal e como veñen facendo no resto da carreira, o que Pino atribúe ao feito de que "algúns corredores son inexpertos e fáltalles oficio para unha carreira da esixencia da Volta a Portugal". Pero non todo foi negativo para el, e defendeu que "a clasificación non reflicte todos os aspectos da actuación dun ciclista, polo que apreciei cousas positivas nalgúns deles, sobre todo a nivel de actitude. Non me esquezo de que viñan dun descanso e que esta etapa era dura, polo que, segundo vaian pasando as xornadas, deben ir mellorando as súas prestacións nesta carreira".

Pino non só se desprazou ata Portugal para ofrecer apoio aos seus ciclistas, senón que tamén quixo avaliar o seu estado de forma con vistas á "Vuelta", que comezará o vindeiro 30 de Agosto. O director do KGZ recoñeceu que "O equipo base para a Vuelta a España non está correndo a Volta a Portugal, pero non cabe descartar que ata dous corredores presentes estes días nesta carreira formen parte do grupo".

O compostelán Blanco segundo da xeral
A pesar da mediocre actuación ofrecida ata o momento polo equipo galego, outros ciclistas do país participantes na proba están realizando un bo papel. O compostelán David Blanco, do Palmeiras Resort-Tavira, ocupa o segundo lugar da clasificación xeral, a só un minuto e dous segundos do líder, o portugués Rui Sousa. Blanco xa gañou a Volta a Portugal no 2006, polo que partía como un dos grandes favoritos á vitoria final. Para atopar ao seguinte galego teríamos que descender ata o 24º lugar da xeral, ocupado por Gustavo Rodríguez do equipo Fercase - Rota dos Móveis.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: