Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reitera a promesa de duplicar a Rede Natura

Medio Ambiente asegura que no outono comezará o trámite de ampliación de espazos protexidos

Con permiso do calendario electoral, que ameaza colocar nesa altura os comicios, desde a consellaría din que prevén adaptar a tramitación parlamentaria á propia reforma da lexislación estatal.

Redacción - 10:00 13/08/2008

"Os proxectos eólicos e acuícolas previstos adaptáronse á proposta elaborada, e non ao revés", retrucaban a última hora deste martes desde a Consellaría de Medio Ambiente, ao tempo que aseguraban que a planificación, "elaborada por expertos de prestixio na materia", fora tamén consultada co resto de departamentos da Xunta.

Medio Ambiente insiste en que os trámites parlamentarios correspondentes se van iniciar este próximo outono e din que se aproveitará para realizar en paralelo a tramitación para a adaptación da lei autonómica á estatal e á aprobación do Plan Director de Conservación da Natureza.

Ao fío, subliñan que será o "paso final ao esforzo realizado" pola consellaría para conseguir duplicar a superficie de espazo protexido en Galiza que, segundo o deseño previsto, pasaría de 344.580 hectáreas ás 519.760 en superficie terrestre, superando as 600.000 coa nova superficie mariña. "Un proxecto máis ambicioso do previsto inicialmente, cun incremento da superficie protexida até un 18%, e que supera a proposta inicial realizada polos grupos ecoloxistas, na que pedían unha ampliación algo máis do 13% da superficie da Rede Natura", opinan desde a consellaría.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: