Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Coa "Oda á nai patria"

Calote musical na cerimonia olímpica

Descobren que a cativa que apareceu diante das cámaras non foi a que cantou realmente, quen seica non daba a imaxe que pretendían os organizadores.

Redacción - 14:30 12/08/2008

Ao "interese nacional" lle atribúe o director musical da cerimonia, Cheng Quiang, a substitución da rapaza que foi centro de atención durante a interpretación da chamada "Oda á nai patria" na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos.

A cativa que apareceu diante das cámaras en realizade só movía os beizos, mentres atrás do escenario a voz real era a da meniña Yang, de apenas sete anos. A razón, segundo recoñecía o organizador para a prensa chinesa, era que os promotores quixeron "proxectar a imaxe correcta". "Estabamos pensando en que era o mellor para a nación", declarou Qigang, a quen non lle valían as faccións e expresión da verdadeira cantora.

Na BBC poden ler máis sobre o calote.


3/5 (2 votos)


Comentarios (4)

galeguzo #1 13/Agosto/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

CALOTE, uma dessas palavras que poderíamos utilizar tão a diário e que poucas vezes encontramos... Obrigado, Vieiros :)

Calote s. m. (1) Burla, timo de pouca importância. (2) Dívida nom paga por falta de vontade ou má-fé. (3) Engano. loc. Dar calote: enganar. (Fonte: http://estraviz.agal-gz.org)

baltar69 #2 13/Agosto/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ah, si na pel de touro houbese ese amor á patria e un gosto similar polas cousas ben feitas, na famosa gala eurovisiva do 2002 algún directivo avispado teríame aforrado a vergoña allea de ver contoneándose coma unha posesa á infame rosa lópez e colocaría a ésta e ós séus grasosos quilos tras das bambalinas mentras que no escenario movería o séu sarrizo engaiolante neus asensi ou lucía lapiedra, por poñer dous exemplos.

COUTOVEN #3 13/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nesta noticia hai varias cousas que me espertan un particular interese. Xa é bastante frecuente o uso de nenos con fins políticos en países totalitarios como China ou Cuba. Noutros teñen máis un uso de corte mercantil por exemplo na España na década dos 50 e 60 con nenos como Marisol ou Joselito. Verdadeiros prodixios.

Eu vin moitas cerimonias olímpicas por televisión e creo que moitos coincidirán que esta foi unha das mellores ou senón a mellor. Creo que foron moi celosos nos detalles e aparentemente puidese ser certo que a nena cantase moi ben pero non reunise os criterios dos organizadores. “Xustificando” con isto o Calote. Non será a primeira nin a última vez que se utilice a voz doutra persoa ou se dobre a mesma voz como seguridade ante calquera eventualidade. Con todo e isto. Creo que non se lle pode restar magnificencia á arte e sacrificio dos miles de participantes nese espectacular acto. Do mesmo xeito que á nena que dobro e á que anonimamente prestou a súa voz para o goce da humanidade.

O que me sorprende é a recomendación do medio. É que nos suxira profundar na información nun medio como a BBC. Se a BBC, cústame crer que se nos pida DESINFORMARNOS nun dos medios máis imperialistas. Só superado por CNN. É que non hai verdadeiros medios independentes, que din a verdade verdadeira, con xornalistas independentes e sen compromisos políticos?

Claro que existen. E teñan por seguro que se non publicaron a información é porque non é certa ou está manipulada.

Lean fontes confiables como a Axencia de Noticias Xinhua, Prensa Ladina (perdón, latina), Cuba Desinformación (perdón, información) Granma, Axencia Bolivariana de Noticias, VTV, ViveTV, Tee Sur, etc. etc. Existen outros medios como estes incapaces de mentir e manipular como o fan CNN e a BBC.

Non me sorprendería que no seu afán de ter cada día máis medio de información que difundan a “verdade” ROBOILUSIONARIA crease 2 novas axencias de noticias como:

CNN = Chávez News Network
BBC = Bolivarian Broadcasting Corporation.

E teñan por seguro que mentres o noso comediante en xefe este en o poder. Nunca utilizase aos nenos con fins innobles. Se o dubidan vexan estes inocentes vídeos onde se ve a espontaneidade, a capacidade de improvisación dos nenos venezolanos.

http://www.youtube...
http://www.youtube...

Barcelos #4 13/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como nas Olimpíadas de Barcelona non se deron conta e puxeron a Elsa Pataki, en lugar da Montserrat Caballé?

Paréceme un desprezo total á persoa que pon o talento e tamén aos seus pais. Non basta con ser boa, tamén hai que ser guapa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete