Empresas como Microsft ou Telefónica e, incluso, o Exército, integran a membros entre os participantes na Campus Party de Valencia para atopar persoas que despunten e queiran dedicarse á innovación e as novas tecnoloxías.
Os talentos da Campus Party
Con "ganchos" como ser probadores de programas en fase experimental, estas empresas buscan entre os participantes nesta reunión tecnolóxica a futuras estrelas do I+D+i.
Escoitan, falan, propoñen e contactan. As empresas teñen como principal obxectivo, en citas como a Campus Party, transmitir unha boa imaxe, de maneira que os "campuseros" sexan conscientes do xiro que se está a dar cara a innovación tecnolóxica.
Unha das empresas pioneiras neste tipo de iniciativas que buscan a localización de novas ideas, propostas e proxectos, é Google, cuxos empregados poden dedicar un 20% do seu tempo a desenvolver proxectos propios que, incluso, poden saír logo ó negocio do ciberespazo.
FWWWRANDO