Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MECANISMO MISTERIOSO

Descobren que a Máquina de Anticítera marcaba os Xogos Olímpicos

Un estudo desvela a utilidade dun complicado sistema de engrenaxes datado hai máis de dous mil anos e achado en Grecia en 1900.

Redacción - 18:15 31/07/2008
Imaxe da peza, tal e como chegou aos nosos días

Imaxe da peza, tal e como chegou aos nosos días

O que até agora era case un misterio, a utilidade da denominada Máquina de Anticítera, atopado preto da illa grega do mesmo nome e construído arredor do ano 150 A.C., xa foi desvelado, cando menos parcialmente, nun estudo que se publicará no próximo número da revista científica Nature. O mecanismo, considerado o sistema de cálculo máis sofisticado da Antigüidade, ademais de prever a posición dos corpos celestes no futuro, tamén indicaba as celebracións dos Xogos Olímpicos.

Segundo explicou Tony Freeth, co-autor do estudo, a persoa que a fabricou recolleu información sobre teorías astronómicas e fixo unha máquina que podía predicir o futuro. O aparello, formado por 37 engrenaxes e construído coa complexidade dun reloxo suízo do século XIX, descubriuse no ano 1900 nun barco afundido fronte á illa grega de Anticítera.

Dende o principio, o mecanismo asombrou os arqueólogos e espertou a imaxinación da xente, pois tardaríase máis de mil anos en construír outro de tales características. Nun principio chegouse á conclusión de que servía para a navegación marítima.

Descubríronse como algunhas rodas servían para localizar as futuras posicións do sol, da lúa e doutros planetas, até que o equipo de Freeth atopou unha pequena engrenaxe marcada coas localizacións das competicións olímpicas da Antigüidade.

Aínda que ese non era probabelmente o seu uso principal, é unha demostración da potencia da máquina, que Freeth comparou cun iPhone con velocímetro ou un reloxo que ofrece as cotizacións da Bolsa. Segundo o co-autor do estudo, a peza podería servir para predicir os auspicios celestiais para as competicións, aínda que non está moi convencido diso.

"Só podemos admirar o resultado e a persoa que o deseñou. Pero non estou moi seguro de por que puxeron os Xogos Olímpicos aquí", explica Freeth en Wired.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete