Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O MAIOR APOIO ESTÁ NA SÚA POLÍTICA EDUCATIVA E DA SANIDADE

Presidente Chávez conta coa simpatía de 58% da poboación venezuelana

Segundo os resultados do Consorcio Iberoamericano de Empresas de Investigación de Mercados e Asesoramento (CIMA) o presidente venezuelano Hugo Chávez Frías conta co apoio do 58% da poboación venezuelana. A maior aprobación á súa política está centrada nos temas que directamente afectan á vida da poboación como son o ensino (puntuada por un 61% por un 61%) a saúde (puntuada como boa por un 52%) e as relacións con Colombia e Latinoamérica como boa por un 52%.

Xurxo Martínez Crespo - 10:53 29/07/2008

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, conta coa simpatía dos 58,2% dos venezuelanos e coa aprobación da súa xestión de Goberno polo 54%, de acordo cos resultados do Barómetro de gobernabilidade latinoamericano e da península ibérica, Iberobarómetro 2008, realizado o mes pasado de maio.

O estudo, aplicado desde 1992, é responsabilidade do Consorcio Iberoamericano de Empresas de Investigación de Mercados e Asesoramento, (CIMA) Sustentase nos resultados de 12.401 entrevistas practicadas na Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, EUA (Latinos), El Salvador, Estado español, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Puerto Rico, República Dominicana, Venezuela e Uruguai.

O maior apoio á xestión do presidente Chávez Frías concéntrase no ensino, avaliada como moi boa e boa polo 61% dos venezuelanos, en saúde, con 53%, e nas relacións cos países veciños, 52%.

O Iberobarómetro 2008 tamén mostra o optimismo e a confianza dos venezuelanos fronte á súa situación económica, xa que 73% dos enquisados considera que a súa situación económica nun ano sera mellor -51%- ou igual -21%-.

Asemade, 48% considera que o seu actual situación económica mellorou no último ano e 27% considera que segue igual.

En referencia ás institucións de maior confianza para os venezuelanos salientan o ensino, con 75%, e a Forza Armada, con 58%. A Policía só ten un 18% de confiabilidade. En contraste, 66% dos venezuelanos non confían nos informativos de televisión, 58% non confía na prensa, 72% non confía nas organizacións non gobernamentais (ONG) e 79% non confía nos sindicatos.

Mención especial merece a percepción positiva de Mercosul entre os venezuelanos, sendo a máis alta de toda a rexión, con 70% de aceptación.

No resumo executivo elaborado por CIMA salienta tamén o nivel de satisfacción coa democracia en Latinoamérica e sinala que, nese aspecto, a rexión supera nun punto ao promedio mundial, pois o 80% dos latinoamericanos afirman que a democracia é o mellor sistema de goberno, mentres que no mundo este índice é de 79%.


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)





Locais:
GZ-Sete