Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este domingo, en Hungría

Gómez Noya, a piques de se converter no terceiro triatleta con máis triunfos da historia

O ferrolán está disposto a bater todas as marcas, e sería o terceiro en facelo na historia deste deporte, de gañar esta fin de semana.

Redacción - 11:52 11/07/2008
Gómez Noya gañando en Tiszaujvaros en 2007

Gómez Noya gañando en Tiszaujvaros en 2007

O domingo, a partir das 13:00 horas, Xabier Gómez Noya lanzarase á auga en Tiszaujvaros (Hungría) e tentará, durante a hora e pouco que dure a proba da BG Copa do Mundo, converterse no terceiro corredor na historia do triatlón con máis triunfos.

De vencer en Tiszaujvaros, este sería o 11º triunfo na tempada do ferrolán, a falta de menos dun mes para as Olimpíadas.

A por Whitfield
Se Gómez Noya se impuxese en Hungría, igualaría, con 25 anos, as 11 vitorias que leva o canadense Simon Whitfield (campión olímpico en Sidney 2000) na Copa do Mundo. Na clasificación histórica, por diante de Xabier só aparece o canadense, o neozelandés Hamish Carter (12) e o australiano Brad Beven (17).

A 11ª medalla de ouro de Gómez Noya significaría tamén a súa sétima vitoria consecutiva e o seu 17º podio seguido nesta competición. En 2008 leva tres triunfos (Mooloolaba, New Plymouth e Madrid) e dende hai máis dun ano (cando foi terceiro en Des Moines) 'Supermán' Gómez Noya (así lle chaman dende a Federación Española) non coñece outro lugar que o primeiro posto.

A proba húngara

A proba deste domingo ten un percorrido de 1'5 km de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé, e servirá de medidor para o que está agardando en Beixín (a proba de triatlón será o 19 de agosto). Os rivais ollaranse uns aos aos outros, e Gómez Noya vixiará especialmente ao australiano Brad Kahlefeldt, que subiu dúas veces ao podio este ano, pero sempre por detrás do galego. Mesmo dende a Federación chámanlle o "eterno segundón", pois só conseguiu pasarlle por diante a Gómez Noya en Mooloolaba en 2007.

Tamén teñen voz nesta proba o británico Oliver Freeman (terceiro o pasado domingo en Hamburgo), o ruso Ivan Vasiliev (segundo este año en Madrid) e o casaco Dmitriy Gaag.

Clasificación xeral masculina da BG Copa do Mundo (8ª proba de 13)
1. Javier Gómez Noya (ESP) 250 puntos.
2. Bevan Docherty (NZL) 211 puntos.
3. Ivan Vasiliev (RUS) 170 puntos.
4. Tim Don (GBR) 160 puntos.
5. Reto Hug (SUI) 140 puntos.
6. Simon Whitfield (CAN) 135 puntos.
7. Hendrik de Villiers (RSA) 129 puntos.
8. Rasmus Henning (DEN) 125 puntos.
9. Matthew Reed (USA) 121 puntos.
10. Paul Tichelaar (CAN) 114 puntos.
19. Iván Raña (ESP) 66 puntos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Simon Whitfield en Sidney 2000. Gómez Noya podería alcanzalo no número de vitorias (11), de gañar o domingo
Simon Whitfield en Sidney 2000. Gómez Noya podería alcanzalo no número de vitorias (11), de gañar o domingo
O astraliano Brad Beven (á dereita) leva 17 triunfos
O astraliano Brad Beven (á dereita) leva 17 triunfos
O neozelandés Hamish Carter (esquerda) leva 12 vitorias
O neozelandés Hamish Carter (esquerda) leva 12 vitorias