Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este martes, finalmente

Á segunda, a dinamita borrou as pegadas franquistas das Cíes

Derrubado nas Cíes o monolito ao ditador español Francisco Franco, o día en que Galiza asume as competencias sobre o Parque das Illas Atlánticas.

Redacción - 12:00 01/07/2008

Finalmente caeu o derradeiro símbolo fascista que permanecía nas Illas Cíes. Porén non foi sen esforzo. O Ministerio español do Ambiente autorizaba este luns a súa demolición, mais logo dun primeiro intento pola noite -con discreción premeditada-, non foi deica este martes que o coñecido como Pacolito voou.

O Pacolito é -ou era- un monolito chantado entre as praias de Rodas e de Figueiras, orientado cara ao continente, e que daba a benvida aos visitantes chegados en ferry ás illas. A peza ergueuse en 1961 para conmemorar o 25 aniversario de Francisco Franco como xefe do Estado Español.

De estrutura troncopiramidal, os seus vinte metros de altura orixinarios xa ficaran reducidos a 16,80 hai dez anos cando se lle retiraron todos os seus símbolos franquistas. A base medía 6,6 por 6,6 metros. A decisión de demoler o Pacolito tomouse en outubro de 2006. Aínda que se anunciou que esta sería inminente, finalmente non foi tal.

En 2007, o goberno español remitiu á aprobación da Lei da Memoria Histórica para derrubar o monolito e, aínda que o texto se aprobou en decembro dese ano, non foi até este martes -o mesmo día en que Galiza asume as competencias do Parque Nacional- cando se executou a orde.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: