Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
'10 DE JUNHO'

Portugal celebra o 'Dia de Camões' interrogándose sobre a súa identidade

Cavaco Silva trouxo a polémica ao referirse ao 'Dia das Comunidades Portuguesas' (denominación oficial) como 'Dia da Raça', o nome que lle daba a Ditadura.

Redacción - 12:00 10/06/2008

O Día de Camões sinala a morte do escritor en 1580 e é o Día Nacional de Portugal. Durante a ditadura Salazar mudoulle o nome por Dia da Raça, denominación anulada o 25 de abril. A democracia engadiulle ademais o apelido de Dia das Comunidades Portuguesas, convertíndoo nunha festa, sobre todo, para a numerosa comunidasde emigrante que Portugal ten esparexida por todos os continentes. É precisamente fóra do país onde máis se celebra o 10 de Xuño, que no interior aínda mantén algún matiz pexorativo, ligado aos actos organizados polo fascismo durante décadas.

Malia a isto, o Presidente da República, Cavaco Silva, referiuse este luns en Viana do Castelo ao feriado como Dia da Raça: "Hoje eu tenho que sublinhar, acima de tudo, a raça, o dia da raça, o Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas", o que xa provocou polémica e numerosas críticas.

En paralelo, a prensa do país publica este martes enquisas sobre a identidade dos portuguesas, e os factores nos que a asentan. Público informa dos resultados do inquérito realizado en Portugal polo International Social Survey Programme (ISSP). Preguntados sobre que factores son importantes na definición do que é ser portugués, os cidadáns salientan en primeiro lugar un factor voluntarista e subxectivo (sentir-se português), citado polo 94,9% dos enquisados. Cunha porcentaxe semellante aparece o factor lingüístico (saber falar português), 94,7% das respostas. Tamén son case unánimes 'ter cidadania portuguesa' e 'respeitar as leis portuguesas'

Na enquisa considérase máis importante 'ter nascido em Portugal' (91,4% das respostas) que 'viver em Portugal' (89%). E sorprende sobre todo, que máis de dous de cada tres cidadáns (68%) afirmen que o 'ser religioso' é un dos factores que definen a identidade dos portugueses, é dicir, que é equivalente 'ser portugués' a 'ser relixioso'.


4,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: