Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BIOCOMBUSTÍBEL

Unha empresa anuncia a creación de 'gasolina verde' con algas

O novo sistema de produción ideado por Sapphire Energy non interferiría coa agricultura, pois empregaría terreos desérticos e auga non potábel.

Redacción - 16:50 30/05/2008

A empresa estadounidense Sapphire Energy asegura ter atopado un xeito de converter as algas en gasolina 'verde', sen incrementar as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Os vexetais cultivaríanse en zonas desérticas, segundo informaron o xornal Los Angeles Times e mais a revista Forbes.

O presidente da nova compañía, Jason Pyle, asegura que o combustíbel pode entrar en produción dentro de tres anos e que é neutro para o ambiente, pois as algas absorben da atmosfera o mesmo CO2 que despois se despide na combustión. Sen entrar en detalle na técnica empregada, Pyle asegurou que "creamos un proceso que depende da fotosíntese".

Ademais, ao contrario que outros biocarburantes, este 'cru verde' non incide nos terreos agrícolas, pois as algas cultivaranse en zonas áridas e soleadas, con auga non potábel. O novo combustíbel contén a mesma enerxía ca a gasolina de 91 octanos.

Porén, a administración de California, onde se atopa a sede da empresa, en San Diego, amosou cautela polo anuncio. O Consello de Recursos do Aire do estado afirmou que o combustíbel seguiría a producir contaminantes á parte do CO2, aínda que lle desexou "sorte" a Sapphire Energy.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: