Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PROXECCIÓN EXTERIOR

As empresas audiovisuais galegas exhíbense en Cataluña

O Clúster contará cun stand no Mercado Audiovisual catalán, que se celebra en Granollers o 28 e 29 de maio.

Redacción - 11:15 28/05/2008

A Feira Tecnolóxica Audiovisual MAC é un mercado de contidos que busca favorecer as políticas de intercambio, coprodución e compravenda de contidos específicos. Este ano será a primeira vez que o Clúster Galego do Audiovisual estea presente cun espazo de seu e unha delegación de seis empresas asociadas, que presentarán diferentes contidos.

Entre as empresas participantes destaca Interacción, que presentará dous proxectos interactivos de entretemento titulados 0747 e Rumores. Tamén se presentará a Fundación TIC; Correo TV, que dará a coñecer o seu proxecto de TDT; Filmanova, que amosará dous novos contidos para móbiles e internet, titulados Vale tudo e El ascensor; Voz Audiovisual, co proxecto 23 F 2.0; e, finalmente, presentarase tamén o traballo de Ficción Producciones.

Televisión de proximidade
Nesta edición do mercado ten un protagonismo especial a televisión de proximidade, polo que os principais responsábeis das televisións locais das diferentes comunidades autónomas ofrecerán relatorios para expoñer a realidade do sector e a súa complexidade. Trataranse tamén temas relacionados coa produción de contidos, o papel da televisión na comunicación local e o financiamento e a publicidade na televisión de proximidade.

Paralelamente terán lugar dúas sesións de pitchings nas que os mellores 12 proxectos da Feira serán presentados aos profesionais. De entre estes proxectos sairán os gañadores dos premios MAC que otorga a Feira en catro categorias: Premio MAC Proxecto Novo Formato, Premio MAC Proxecto Seriado, Premio MAC Proxecto Multiplataforma e o Premio MAC Tecnoloxía, novo premio incorporado a esta edición. A entrega dos premios terá lugar o día 29 de maio en Granollers, durante o acto de clausura do Mercado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Inauguración do 'Mercat' 2007
Inauguración do 'Mercat' 2007
Imaxe dos stands da pasada edición do mercado
Imaxe dos stands da pasada edición do mercado