Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O PP rexeita responsabilidades

Máis buratos no PXOM ourensán

Catro novas sentenzas do TSXG que segundo o actual goberno local son consecuencia "do traballo mal feito" do anterior goberno co PP á fronte.

Redacción / EP - 09:00 15/05/2008

A "mala xestión" e o traballo "mal realizado" polo anterior goberno local co PP á fronte foron os argumentos expostos este mércores pola actual concelleira de Urbanismo, a socialista Áurea Soto, ao coñecérense as catro novas sentenzas xudiciais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

A concelleira recordou que con esta son xa media ducia de sentenzas do TSXG e avanzou que o Concello aínda agarda oor unha "sétima" froito dos dezasete recursos á totalidade presentados ao PXOM aprobado polo PP en 2003. Neste caso, as resolucións anulan o PXOM por carecer dun informe necesario sobre os requirimentos para as redes públicas de telecomunicacións.

Os servizos xurídicos do Concello traballan na presentación de novos recursos de casación diante do Tribunal Supremo. O obxectivo, segundo explicou Áurea Soto, é "gañar tempo" até que o tribunal emita sentenza confirmando a anulación do actual PXOM, de feito que se poida avanzar no desenvolvemento do novo plan.

O PP evita recoñecer os erros
No entanto, Soto chamou aos populares a recoñeceren os erros cometidos coa fin de "non volver repetilos". "Isto debería servir para que non volva acontecer algo similar", expresou a concelleira.

Paradoxalmente, o grupo municipal do PP non parece disposto a admitir as advertencias xudiciais. En declaracións a unha emisora local este mesmo mércores, o voceiro do PP, Enrique Nóvoa, pedíalle ao goberno municipal que recorrese as novas sentenzas. Nóvoa subliñaba ademais que "a cidade non pode pararse" e admitía que Ourense podería ter que chegar ao estremo de rexerse neste ámbito polo plan de 1986. O ex rexedor insistiu en que, na súa opinión, trátase só de "problemas administrativos" e non se está cuestionando "o modelo de cidade" aprobado polo PPdeG.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: