Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da detención de seu curmán

Uribe recoñece que é investigado por presuntos vínculos cos paramilitares

O presidente de Colombia estaría relacionado directamente co asasinato de quince labregos en 1997.

Redacción - 09:00 24/04/2008

A detención de Mario Uribe, curmán e estreito colaborador do presidente colombiano, acelera a crise no país. O feito de que esa detención teña que ver ademais cos supostos vínculos con grupos paramilitares da ultradereita complica a situación do actual mandatario, a quen en diversas ocasións se lle ten relacionado tamén con escuros manexos. Case tres ducias de congresistas pasaron polo cárcere polos seus vínculos con paramilitares responsábeis de asasinatos e outro medio cento está sendo investigado.

Mario Uribe afronta entre outros as acusacións de terse apoiado en paramilitares para apoderarse de terras nunha zona do país, de ter relación con implicados en narcotráfico e contar ademais co apoio dun dos históricos líderes paramilitares do país na súa carreira política. Segundo relata a prensa local, o curmán do presidente tratou de esquivar a xustiza pedindo asilo político na embaixada de Costa Rica, e logo de serlle denegada, foi capturado pola policía.

Agora, o propio presidente, Álvaro Uribe, admite en público a investigación aberta contra el, por motivos moi similares. Así e todo, quítalle importancia ao proceso e atribúese a loita contra este tipo de grupos, malia que informes recentes contradín a súa defensa e alertan da reorganización dos paramilitares.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: