Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FAI AS TÚAS PROPOSTAS EN VIEIROS

A quen lle darías ti os Premios Nacionais de Cultura?

Os galardóns, que se entregan este ano por vez primeira, recoñecen o traballo de creadores e entidades en once categorías distintas.

Redacción - 14:00 09/04/2008

Practicamente todos os países do noso entorno contan con cadanseus premios nacionais de cultura, cun prestixio moi consolidado e nalgúns casos unha traxectoria de décadas. Este ano Galiza entregará os seus, por vez primeira, co obxectivo de recoñecer o traballo de creadores, profesionais e entidades. Haberá dez premios, en dez categorías moi diversas que recollen un concepto amplo da cultura, dende a creación, até a investigación e a promoción.

A Consellaría de Cultura convidou máis de cinco mil asociacións, entidades e concellos de todo o país a ofreceren as súas propostas de candidatos. Unha vez presentados os aspirantes, un xurado de quince persoas, formado por profesionais e expertos, decidirá os gañadores. En Vieiros queremos que os nosos lectores teñan igualmente a posibilidade de realizar as súas suxestións, de expresar a súa opinión. Para facer as propostas abonda con estar rexistrado como usuario, dar un nome e, de xeito breve, explicar as razóns polas que merece ser distinguido co premio. Xa que logo, ti quen cres que merece os Premios Nacionais?

As dez categorías

Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos
Premio Nacional de Artes Visuais.
Premio Nacional de Artes Escénicas.
Premio Nacional de Literatura.
Premio Nacional de Música.
Premio Nacional de Patrimonio Cultural.
Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica.
Premio Nacional de Cine e Audiovisual.
Premio Nacional de Iniciativa Cultural.
Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base.


Ligazóns

4,27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: