Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN PONTEVEDRA, DO 3 AO 5 DE ABRIL

A feira do Proxecto Edición ábrese ao mundo

O Pazo da Cultura converterase nun punto de encontro e debate de publicacións independentes, experimentais e proxectos de artistas ligados á edición.

Redacción - 17:39 24/03/2008

Xa está confirmada a presenza de de máis de vinte proxectos de Galiza, España, Portugal, Perú e Arxentina, consolidando o carácter internacional e aberto da feira. Ademais, levaranse a cabo os chamados encontros casuais, unha plataforma onde os autores poderán presentar os seus proxectos e as súas apostas editoriais, no que pretende erixirse como espazo aberto e distendido para o diálogo e o debate.

Asemade, están previstos dous obradoiros, un de edición alternativa, impartido por Gustavo Darío López; e outro de Fanzine de Deseño e Banda Deseñada, a cargo do colectivo A Mula. O programa da feira completarase co concerto de Igloo, o xoves ás oito e media da tarde, e o espectáculo literario-musical de Peru Saizprez, Ajo e Gonzalo Escarpa, nunha posta en escena titulada No es divertido ser libre si estás solo, e que comezará o venres ás oito e media.

Programa de intervencións:
Xoves 3
12.00: Asesinatos Morales, La Pluma Eléctri*k, Despregable, Revista Bíblia
13.00: Belleza infinita, Edita T, Nolens Volens, Atlas Projectos
16.00: Gustavo Darío e a edición alternativa en Arxentina
17.30: Polaqia e A Mula
18.30: Discursos sin norma. Coleccións de publicacións de Antonio Gómez

Venres 4
18.30: La Lata, La Más Bella, Editorial El Gaviero

Sábado 5
17.00 Rui Gato e Alg-a
18.30: Proxecto-Edición (o catálogo 2007, Entrecruzar 2, escoitar.org, o espazo documental)


Ligazóns

3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: