Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Jorquera será voceiro do BNG no Congreso

Quintana repróchalle a Zapatero en Ferrol o freo ao sector naval

Zapatero busca colocar o Estado como oitava potencia económica mundial. "Sempre que Galiza non deixe de ser primeira potencia no naval", advertiu Quintana.

Redacción /Europa Press - 09:00 29/02/2008
Tags:

O voceiro nacional do BNG encheu o seu mitin en Ferrol este xoves, onde subliñou o "compromiso" da súa formación coa construción naval civil en Fene e censurou o "veto" que na súa opinión mantén o goberno español liderado polo PSOE ao plan da Consellaría de Industria para reactivar o estaleiro.

Quintana, que á entrada no recinto foi recibido por un grupo dunhas 15 persoas do Comité Cidadán de Emerxencia con berros e pancartas de 'Planta de gas fóra dá Ría', en referencia á localización de Reganosa na localidade veciña de Mugardos, comentou ao respecto do naval que "Zapatero dixo que quería colocar a España como oitava potencia económica mundial". "Loábel obxectivo", concedeu Quintana, "só pido que non sexa a través de que Galiza deixe de ser a primeira potencia no naval".

O acto tamén contou coa intervención do ferrolán Francisco Rodríguez, deputado no Congreso durante os últimos anos. Na súa quenda diante do micrófono, Rodríguez falou do seu labor durante os últimos 12 anos no Congreso e fixo un repaso das iniciativas que impulsou, relativas tanto á bisbarra de Ferrolterra como ao conxunto de Galiza. En concreto, referiuse ao mínimo do 8% do total en materia de infraestruturas que o goberno español destinou a Galiza nos últimos tres anos.

Durante o seu discurso, Francisco Rodríguez ratificou o número un pola Coruña, Francisco Jorquera, tamén ferrolán, e actual coordinador executivo do BNG, coma o seu substituto na Cámara Baixa á fronte dos que no seu caso sexan os deputados nacionalistas que o Bloque consiga poñer na cámara.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: