Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA (BNG)

"Quintana foi o único que falou de futuro"

Para o nacionalista Pérez-Lema o líder do BNG conseguiu "reconducir o debate cara os temas que lle preocupan aos galegos"

Redacción - 00:45 28/02/2008
Pérez-Lema, pouco antes do comezo do debate / Foto: César Galdo

Pérez-Lema, pouco antes do comezo do debate / Foto: César Galdo

Xoán Antón Pérez-Lema foi un dos poucos colaboradores que acompañaron a Anxo Quintana até o hotel San Francisco. Lema mostrábase moi satisfeito coa intervención do líder dos nacionalistas: "Foi quen de dar solucións ao problema da vivenda, de falar de medidas contra unha desaceleración económica que é unha realidade, ou poñer no debate os dereitos das mulleres, á vez que apelou á necesidade dun maior autogoberno como clave do benestar dos cidadáns".

Mais Pérez-Lema tamén se felicitou polo feito de que se dera o debate e polo traballo da TVG. Dende as filas nacionalistas consideran que este mércores Quintana demostrou a utilidade do proxecto do Bloque e rompeu definitivamente "a bipolaridade que socialistas e populares querían transmitir".


4.28/5 (25 votos)