Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O galego xa chegou a Lisboa

Os portugueses amósanse encantados de ter fichado a Moncho López

O presidente da Federação Portuguesa de Basquetebol, Mário Saldanha, manifestouse "feliz" ao confirmar a contratación do novo seleccionador nacional até o Europeo de 2009.

Redacción - 13:10 14/02/2008
Moncho López

Moncho López

"É com muito orgulho que posso confirmar que Moncho Lopez é o novo seleccionador nacional. Estou muito feliz pelo basquetebol português», dixo Mario Saldanha, o presidente da FPB.

En xeral, o sentimento de Saldanha esténdese polo mundo do baloncesto portugués, posto que non se esquece que o ferrolán é subcampión europeo coa selección española, en 2003, e é o perfil que se procuraba para a selección lusa: "É um seleccionador jovem, com provas dadas. Temos o homem", terminou Saldanha.

Procuraban un adestrador moi bo para un país con "muitas dificuldades no basquetebol"

Así o dixo o presidente da FBP, asegurando que López era o tal, posto que el poderá manter os deportistas portugueses no seu país, evitando que moitos deles teñan que marchar para poder xogar nas división secundarias doutros países.

Por que decidiu López aceptar o cargo?

Segundo Saldanha, "Não foi só pela simpatia de sermos portugueses, de ele morar na Galiza e da mulher gostar muito de Lisboa, que aceitou ser o novo timoneiro da selecção portuguesa. Viu que poderá haver uma margem de progressão na nossa selecção", salientou.

Moncho López estará acompañado de Rui Alves, antigo número tres do equipo técnico, que será o seu adxunto, e por un terceiro adestrador, que aínda non está contratado e que "será sempre portugués". Tamén se lle pediu a López que, coa experiencia que demostrou no Estado Español, lle axude a Orlando Simões a coordinar os cinco centros de adestramento da federación, sobre todo en canto á canteira.

López asinará o seu contrato esta sexta feira, e, a seguir asistirá ao sorteo da fase de clasificación para o Europeo de 2009, que se vai disputar en Polonia. O galego vén substituír ao ucraíno Valentyn Melnychuk, que aceptou un convite para regresar ao seu país e adestrar a súa selección.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: