Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O primeiro ministro vailles pedir "perdón"

Lémbranse por primeira vez dos aborixes australianos

Van participar por primeira vez na apertura do ano parlamentario, nos actos de recuperación da memoria histórica deste pobo.

Redacción - 12:00 12/02/2008
O primeiro ministro Kevin Rudd  cos líderes aborixes, en Canberra / Imaxe: AFP

O primeiro ministro Kevin Rudd cos líderes aborixes, en Canberra / Imaxe: AFP

Estaban antes ca ninguén en Australia (en Tasmania e en moitas das illas de Oceanía, como as Illas do Estreito de Torres e a illa de Nova Guinea), pero coa chegada dos primeiros colonos europeos a súa poboación viuse reducida considerabelmente, e a que quedou, foi ignorada durante décadas.

As xeracións roubadas
Australia vai restituír esta semana a memoria histórica dos seus aborixes. Esta terza feira participaron por vez primeira na inauguración oficial do ano parlamentario, e no día a seguir, esta cuarta feira, o primeiro ministro australiano, Kevin Rudd vailles pedir perdón ás "xeracións roubadas", que é como se coñecen os milleiros de nenos e nenas indíxenas que os servizos asistenciais e a policía roubaron, durante décadas, da casa onde vivían con seus pais para que fosen criados por familias brancas. Será unha petición de perdón pública, mais non vai ir acompañada de contraprestacións económicas, como pedían as comunidades aborixes.

O novo papel protagonista dos indíxenas en Australia

Esta terza feira, durante a inauguración do novo ano parlamentario, a anciá aborixe Matilda House-Williams, da tribo Ngambri, vestida con peles de animais e descalza, entregoulle ao primeiro ministro o bastón de mando, como símbolo do novo papel protagonista dos aborixes na vida política do país.

A tribo Ngambri era a propietaria histórica dos terreos onde se edificou o parlamento australiano hai 80 años, e por iso Matilda House-Williams lembrou, na cerimonia, que ela estaba aló antes de que os novos australianos chegasen, e que o acto que estaba a protagonizar había serenar os ánimos dos espíritos de todos os seus antepasados. Tamén estaban presentes representantes doutras tribos, que lle deron a súa bendición o discurso de House-Williams.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: