Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN MARZO, OS USUARIOS TERÁN ACCESO Á INFORMACIÓN EN FRANCÉS E EN ALEMÁN

Facebook, dispoñible desde hoxe en español

Anteriormente, estaba só destinada ao público norteamericano; agora a rede social Facebook tenta pouco a pouco adquirir unha dimensión internacional

Redacción - 12:30 11/02/2008

Desde hoxe, Facebook propón unha versión en español da súa web. Outras versións, en francés e en alemán, estarán en liña ao final do mes de marzo.

Grazas a un programa informático gratuíto, os usuarios poden en acceder a textos, alertas, ficheiros e diversa información proporcionada polo sitio, redactada en español. Este programa informático só está dispoñible nos países onde o español é a lingua materna.

Os usuarios de Facebook sempre puideron publicar mensaxes, fotografías ou calquera outro contido na lingua da súa elección, pero a estrutura da web só estaba dispoñible en inglés. De acordo co sistema de colaboración da Rede 2.0, 1.500 tradutores participaron, durante un mes, na posta a punto desta nova aplicación.

O que está en xogo a nivel mundial
Segundo os creadores de Facebook, este novo acceso en diferentes linguas é necesario. "Máis do 60% dos usuarios de Facebook atópanse fóra dos Estados Unidos, en países onde o inglés non é a lingua oficial", explica Marco Zuckerberg. O director executivo de Facebook, precisa tamén que máis de 2,8 millóns dos usuarios activos proceden de América do sur ou de España, dun total de 64 millóns de usuarios.

A escala mundial, Facebook compite con Hi5, ben asentado nos países do subcontinente americano, con 25 millóns de usuarios en Perú, Costa Rica, México ou en Venezuela. A longo prazo, a iniciativa de Marco Zuckerberg explícase tamén por unha vontade de consolidar a súa posición en Europa.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: