Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Serán treitos libres de peaxe

A precampaña ponlle datas ás conexións de Ourense con Lugo e Santiago

Será principios de 2009 para o cacho pendente entre a capital do país e Ourense e 2012 para a autovía entre as cidades do interior.

Redacción - 09:00 31/01/2008

Quedaría así completo en 2012 un eixo interior que nacerá e Vilalba, onde á súa vez conecta coa vía que chega de Ferrol e coa Autovía do Cantábrico, e que baixará até Lugo, onde a conexión desta volta será coa que debería estar finalizada desde Santiago. Este eixo de comunicación, segundo engadiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, chega en autovía libre de peaxe até Ourense e desde alí “a través da autovía A-52 até conectar con Verín, a autovía Verín- Fronteira portuguesa, a ponte internacional sobre o río Miño; desde Verín a Chaves e, desde aquí, a Porto", destacou.

Touriño afirmou agardar que este eixo de comunicación interior medre en alternativa ao atlántico que se artellaba desde a AP-9 e que se converteu "na columna vertebral que sostivo o desenvolvemento do país desde hai 25 ou 30 anos". O presidente engadiu que se trata de infraestruturas de comunicación libres de peaxe con características de alta capacidade que "financiaremos entre todos nunha aposta solidaria".

Por outro lado, Pérez Touriño aproveitou para anunciar que a AG-53 estará plenamente en servizo a comezos do ano 2009. Trátase dunha infraestrutura cuxo treito autonómico, entre Dozón e Ourense está libre de peaxe e conta cun investimento de mais de 190 millóns de euros. No último treito da autovía, entre Cea e a A-52, o Goberno inviste arredor de 130 millóns.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: