Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate no Parlamento

Axudas aos medios: vinculadas ao emprego estábel e ao uso real do galego

Tras as protestas do Sindicato de Xornalistas, a Cámara vai debater unha proposición non de lei sobre a concesión de subvencións á prensa.

Redacción - 13:30 30/01/2008
O uso real do galego nos medios está en cuestión

O uso real do galego nos medios está en cuestión

O Parlamento vai debater en vindeiras datas unha proposición non de lei -presentada pola deputada do BNG Modesta Riobó a raíz das protestas do Sindicato de Xornalistas (SXG)- para que as axudas económicas da Xunta aos medios estean vinculadas á loita contra a precariedade laboral e ao uso real do galego.

O SXG, que organizou unha mobilización en recentes datas baixo o lema A miña precariedade é a túa desinformación, defende que, "no caso de existir, as subvencións aos medios non poden servir para financiar a explotación laboral de moitos traballadores, como sucede na actualidade".

A proposición presentada recolle a denuncia do SXG de que na actualidade os cuantiosos cartos públicos que conseguen as empresas serven para financiar "as xornadas laborais abusivas, os contratos en precario, o abuso de persoal en prácticas e o aumento da porcentaxe de falsos autónomos".

Incumprimento por parte dos medios
"Os partidos e a Xunta non poden seguir sendo cómplices desta desfeita; mais cando é evidente que a maioría das empresas están a vulnerar as condicións das ordes de axudas publicadas no DOG pola Xunta nos últimos anos, especialmente no referido a promoción da lingua", din dende o SXG.

Os dous puntos que deberán ser votados na Cámara fan referencia, en primeiro lugar, á posibilidade de "penalizar as empresas con altos índices de precariedade" ou de "conceder máis puntuación" ás que si cumpren; e, en segundo, á que os medios estean obrigados a "xustificar un aumento do uso do galego en todas as seccións".


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: