Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EL SILENCIO ANTES DE BACH

Pere Portabella presentará no CGAI o seu último filme

O 7 de febreiro estará na Coruña para estrear a película nunha mesa redonda na que intervirán diversos críticos e historiadores que analizarán a súa obra.

Redacción - 16:58 29/01/2008

Ademais da presenza de Pere Portabella, coa estrea en Galiza do seu máis recente traballo, o Centro Galego de Artes da Imaxe centrará a súa programación na chamada narrativa de resistencia a través do ciclo Imaxinarios en tránsito. Proxectaranse, entre outros, os documentais Después de? de Cecilia e José Gomez Bartolomé, No haber olvidado nada de Manuel Expósito, Gabriel Villalta e Fito Rodríguez e Potsocializem de Maria Grimic e Aina Smid.

Outra das novidades será a sección After Hours, con horario nocturno, e que presentará un conxunto variado de documentais musicais, estreas de xénero e producións galegas. Ábrese o vindeiro 1 de febreiro con Kurt Cobain. About a son.

No ciclo Monumentos, símbolos e residuos, centrado nos filmes documentais, poderase ver Chile, la memoria obstinada de Patricio Guzmán, A memoria é vaga de Katia Harper e Estrellas de Federico León e Marcos Martínes. O CGAI tamén programa un ciclo sobre o Novo cine alemán, coa proxección de filmes de Fassbinder, Straub, Wolfgang Petersen ou Peter Handke. Finalmente, na sección Fóra de serie, ofrecerase o último filme de Eric Rohmer O romance de Astrea e Celadón. E en febreiro continuará o ciclo de Raoul Walsh con O derradeiro refuxio e Morreros coas botas postas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: