Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
9-M

Quintana reta a Touriño e a Feijoo a debater na Galega

O portavoz nacional do BNG afirmou nunha convención preelectoral en Compostela que a súa formación é a única "menciña" para frear as ideas de Rajoy.

Redacción - 20:05 26/01/2008

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou este sábado no acto preelectoral da formación nacionalista que "por principios", acudirá ao debate proposto pola TVG cos líderes do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de cara ás eleccións do 9 de marzo. Quintana confiou en que os outros dous representantes participen na cita.

No acto, que se desenvolveu en Compostela, o líder nacionalista pediulles aos "miles de galegos que queren frear as ideas de Rajoy" que voten ao BNG, aínda que non sexan habituais. "Para paralo a única menciña é Galize e o BNG", afirmou. Neste sentido, aludiu ao número un do PP por "dicir que a xente ten problemas en Galiza para falar en castelán. Dicíndoo insulta a nosa intelixencia".

Anxo Quintana relacionou a capacidade de decisión de Galiza no Estado coas "posibilidade de benestar". En referencia á crise económica, contrapuxo a actitude do Bloque ás "catastrofistas" do PP e ao "dicir que non pasa nada" dos socialistas. Por iso, anunciou o Plan Sectorial de Vivenda Protexida coa creación de 40.000 novos fogares.

Ademais, Quintana lembrou as negociacións levadas a cabo entre o BNG e Zapatero, dicindo que "só se negocia con quen ten independencia de criterio para decidir e non está disposto a recibir ordes. Co BNG, se se coloca a Galiza enriba da mesa, todo, senón, nada”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: