Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA DE TOURIÑO CO CONSELLO DA XUVENTUDE

Novas Xeracións di que a Xunta carece de política xuvenil

María Seoane di que as galescolas serven para "aleccionar os cativos no ideario nacionalista".

Redacción - 13:35 11/01/2008
María Seoane

María Seoane

Novas Xeracións criticou a proposta do Goberno de creación da Lei de Xuventude por considerar que copia fórmulas impulsadas polo PPdeG e rexeitadas no Parlamento polo PSdeG e mais o BNG. Así mesmo, a presidenta da formación, María Seoane, denunciou a carencia de política xuvenil da Xunta. Para Seoane, Emilio Pérez Touriño non ten autoridade sobre a área dedicada á mocidade, xestionada polos nacionalistas.

No referente á política educativa do Goberno, dixo que as galescolas teñen como obxectivo "aleccionar os cativos galegos no ideario nacionalista" e asegurou que en Galiza hai dificultades para recibir unha educación bilingüe.

A líder de NNXX deu conta da xuntanza que mantivo o presidente do Goberno cos integrantes do Consello da Xuventude, a primeira dende a súa toma de posesión á fronte do Goberno. As mocidades do PPdeG queixáronse da falta de medidas que favorezan o acceso dos mozos á vivenda en núcleos de menos de 20.000 habitantes. Tamén criticaron que se reduza o imposto de sucesións en vez de suprimilo.

Outro dos aspectos expostos por María Seoane foi o dos baixos soldos dos investigadores galegos, que cuantificou en 800 euros mensuais. Da política levada a cabo polo director xeral de Xuventude, Rubén Cela, dixo que leva "máis de dous anos e medio perdido entre festas gastronómicas e xogos de rol".

Lei de Xuventude
A presidenta de Novas Xeracións restoulle credibilidade ao compromiso de Touriño de levar ao Parlamento a Lei de Xuventude. Ademais, dixo que algunhas das medidas que recolle, como a creación do observatorio xuvenil de Galiza, xa fora proposta polo PPdeG e rexeitada polos grupos do Goberno.


1/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: