Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VENDA EN LIÑA

A Comisión Europea quere crear un mercado único dixital

Estabelecerá recomendacións aos estados membros para evitar as diferenzas lexislativas que impiden a distribución de contidos na rede.

Redacción - 11:00 05/01/2008
Viviane Reding, comisaria europea da Sociedade da Información e Medios

Viviane Reding, comisaria europea da Sociedade da Información e Medios

A Comisión Europea pretende crear un mercado dixital único que impulse a venda na rede de contidos como música, filmes e videoxogos. O seu obxectivo é acabar coas reticencias de moitos distribuidores a poñer os seus produtos na Internet por medo ás descargas ilegais.

Segundo informa a axencia Reuters, a comisaria de Telecomunicacións da UE, Viviane Reding, asegura que o sector de contidos do continente está a sufrir os efectos das diferentes lexislacións estatais. Porén, anunciou que en principio non se pensa unificar as leis, senón emitir unha recomendación non vinculante, que non se traduciría en cambios para os consumidores até dentro dun par de anos.

A Comisión prevé que o mercado de contidos dixitais se cuadruplique dos 1.800 millóns de euros do 2005 até os 8.300 no 2010, e marcou catro puntos que se deben analizar: o rexeitamento dalgúns propietarios de contidos a facelos dispoñíbeis na rede pola súa preocupación pola pirataría; a falta de licenzas de copyright que abrangan varios territorios, como varios ou todos os estados da Unión; a falta de interoperabilidade das tecnoloxías reguladoras dos dereitos dixitais (DRM), e a pirataría do contido.

No entanto, a lexislación dos diferentes países europeos é diferente no que se refire á distribución de contidos con dereitos de autor. Así, por exemplo, no Estado Español non é delito compartir creacións deste tipo se non hai ánimo de lucro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: