Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LISTAS DE ESPERA

O PPdeG di que a situación da Sanidade é "caótica"

Segundo o voceiro do partido en asuntos sanitarios, aumentou o número de persoas que agardan a primeira diagnose.

Redacción - 19:16 02/01/2008

O PPdeG asegurou este mércores que máis de 300.000 persoas aínda están a agardar a súa primeira diagnose ou consulta, 70.000 máis ca no 2005, no remate da era Fraga. Segundo explicou o voceiro de Sanidade do grupo parlamentario popular, Miguel Santalices, a situación é "caótica" no país en xeral "e na provincia de Lugo en particular".

Santalices revelou que mesmo "hai pacientes que chegaron a solicitar cita ante notario" e que "se non hai diagnose, non se entra na lista de espera cirúrxica". O parlamentario Dámaso López afirmou que "hai listas de espera para entrar las listas de espera" en servizos como Xinecoloxía, e amosou un documento do Servizo Galego de Saúde que citaba un paciente seu para cirurxía vascular o 11 de xuño de 2009.

Pola súa banda, o presidente do PP en Lugo, Xosé Manuel Barreiro, afirmou que no hospital xeral da cidade das murallas aumentou en 37 días, até os 98,9 días, dende xuño de 2005. Miguel Santalices engadiu que a política da Xunta na prevención de enfermidades de transmisión sexual foi "un fracaso", e puxo como exemplo o crecemento en dous puntos da sífilis e da gonorrea. No referente ao consumo de drogas, o voceiro popular dixo que Galiza é a "estrela no consumo de droga", con 250.000 persoas, "e a número un no consumo de cocaína e haxix".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: