Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
Ezequiel Mosquera, ciclista

"Estaría ben que a nosa selección xogase en competicións oficiais"

O corredor do Karpin Galicia aposta por unha victoria clara da nosa Selección diante de Camerún e Cataluña.

Redacción - 14:00 26/12/2007

Un nome: "Pois conicido co de Os Irmandiños, gústame o nome".

Un prognóstico: "Eu aposto por unha victoria, tanto na selección masculina como na feminina. Vailles resultar difícil contra Camerún, pero penso que chegarán ao 3-1. As nosas mulleres tamén poderán coas catalánas, outro 3-1".

A Selección: A día de hoxe non sei se pode ter continuidade, pero é unha cousa que se debe tratar. Estaría moi ben que xogase en competicións oficiais, isto sería moi bo para a selección e para acadar unha estabilidade. Polo de agora non se lle está dando moito bombo, sería necesario que se xeneralizase a toda a sociedade, porque agora ao mellor non é moi coñecida.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: