Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Antes de que se reforme a lei electoral

PP e PSOE facilítanlle o camiño do voto aos netos de emigrantes

As garantías de limpeza do voto exterior non foron prioridade na votación este luns no Senado, onde populares e socialistas rexeitaron unha emenda do Bloque ao respecto.

Redacción - 11:15 11/12/2007

A extensión do dereito á nacionalidade que recolle a lei da memoria histórica aprobada este luns no Senado, facilitará que todos os netos descendentes de exiliados do Estado español poidan participar nas convocatorias electorais.

Trátase dun episodio máis que, segundo analiza Francisco Jorquera, senador do BNG, "provocará distorsións no sistema electoral". Jorquera presentara unha emenda coa que propoía modificar unha das disposicións finais da lei, a relativa ao momento da súa entrada ao vigor, de xeito que se introducise unha excepción para o apartado relacionado co dereito ao sufraxio dos cidadáns. O senador nacionalista considera que é un exemplo máis de como PSOE e PP "coinciden en opoñérense a garantir a limpeza do voto exterior e a regulamentar en que procesos electorais poden participar os descendentes dos emigrantes".

"Estender indefinidamente a nacionalidade española aos descendentes de españois sen modificar a LOREX pode levar a unha fraude democrática", sostén Jorquera, recordando a insistencia da súa formación política na necesidade de modificar a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral. Os nacionalistas láianse de que "a limpeza democrática do proceso" non está garantida e critican que "un neto de emigrantes que nunca pisou Galiza poida votar nunhas eleccións municipais".


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: