Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camiño dos cinco anos desde o nacemento

Trinta milleiros de achegas á Galipedia

Son 30.173 entradas no momento de escribirmos estas liñas. E aumentan cada día, froito do traballo de ducias de internautas que axudan a medrar o proxecto colaborativo.

Redacción - 09:30 08/12/2007

Coa meta da "plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais". Nesa arela se constrúe colaborativamente en internet a Galipedia, unha enciclopedia libre, accesíbel e de balde. O proxecto galego na Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003.

A versión inglesa da enciclopedia colaborativa e até o de agora a máis extensa, con máis de dous millóns de entradas. Atrás dela e por riba da barreira dos 150 mil artigos están as versións en alemán, francés, polaco, xaponés, italiano, neerlandés, portugués, castelán, sueco, ruso, chinés e finlandés. Segundo a súa actividade actual, a Galipedia aparece nun terceiro chanzo da Wikipedia, a das versións que superaron os 25 mil artigos, categoría onde están a turca, árabe ou catalá, esta última, a Viquipedia, xa por riba da barreira das 90 mil entradas.

A comezos de ano e daquela ás portas do seu cuarto aniversario, a Galipedia viaxaba aínda polos 21 mil artigos na súa base de datos. Daquela, o profesor Miguel Bugallo, un dos seus colaboradores máis activos, contaba para Vieiros que a Galipedia está aínda "moi ao comezo do seu camiño" e subliñaba a calidade e o rigor do traballo xa feito. Hai tempo, a chamada Sociedade de Amigos da Galipedia propoñía a campaña "Un artigo ao día", convidando os internautas a axudaren a ampliar a iniciativa.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: