Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novas políticas na illa

Australia asina o Protocolo de Quioto e vetará as lámpadas convencionais

Estados Unidos é agora o único país desenvolvido que insiste en rexeitar este compromiso da ONU para a loita contra o cambio climático.

Redacción - 12:45 03/12/2007

O novo primeiro ministro de Australia, o laborista Kevin Rudd, asinou este luns o Protocolo de Quioto para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, poucas horas despois de prestar xuramento como xefe de goberno.

"Este é o primeiro acto oficial do novo executivo, que demostra o compromiso do meu goberno coa loita contra o cambio climático", dixo Rudd nunha declaración.

Tras esta sinatura por parte de Australia, Estados Unidos é agora o único país desenvolvido que insiste en rexeitar este compromiso da ONU para a loita contra o cambio climático.

Eliminación das lámpadas convencionais
Por outra banda, Australia quérese transformar no primeiro país do mundo en prohibir as lámpadas eléctricas convencionais, para reducir o consumo enerxético e a emisión de gases de efecto invernadoiro, a partir do ano 2010.

"No seu lugar deberíanse usar só lámpadas de baixo consumo", dixo Malcolm Turnbull, ministro australiano do Ambiente. "Se o resto do mundo segue a nosa idea, suporá un notábel aforro de enerxía", agregou.

Tan só o 5% da enerxía absorbida por unha lámpada eléctrica convencional se transforma en luz, o resto é calor. Ademais, consumen un 80% máis de enerxía para xerar a mesma luz.

Se en todo o mundo se substituísen as clásicas lámpadas eléctricas polas novas lámpadas de baixo consumo, aforraríanse uns 320 millóns de quilovatios hora de corrente, e deixaríanse de emitir 160 millóns de toneladas de CO2, máis que o botado por todos os automóbiles do Estado Español.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: