Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
É tamén un dos primeiros do Estado

Lanzan o primeiro sistema de enquisas online de Galiza

Desenvolvido por Cidadania, Sociedade Cooperativa Galega, empregando software libre, as enquisas están accesíbeis dende calquera navegador.

Redacción - 18:20 13/11/2007
logo dos creadores da enquisa electrónica

logo dos creadores da enquisa electrónica

Este sistema profesional de enquisas, pioneiro en Galiza, é unha aplicación web accesíbel dende calquera navegador de Internet, formada por un xestor interno e unha interface pública. O que permitie é realizar varias enquisas abertas, baixo convite ou mediante autorrexistro, ás cales se pode acceder dende unha páxina web ou a través dun correo electrónico (cun contrasinal).

Isto facilita moito o labor de empresas, para poder coñecer as opinións, gustos e preferencias dos seus clientes, mais, segundo contan os seus creadores, a enquisa electrónica é tamén ideal para compañías que traballan no terreo da internet, así como a todas as organizacións públicas ou privadas que desexan recadar, por vía electrónica, información dos individuos incluídos nas súas bases de datos.

Diferente doutros sistemas anteriores
Unha das características que diferencian este novo sistema doutros é que permite realizar enquisas multilingües, nas que o destinatario pode escoller o idioma no que quere interactuar co sistema. Deste xeito a enquisa faise internacional.

Tamén se inclúen contidos de son e vídeo dentro do cuestionario, o que a converte nunha ferramenta idónea para o sector da publicidade e do audiovisual

Se queredes ver unha enquisa demostración, para coñecer as funcionalidades do sistema, só tedes que premer aquí.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: