Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Desgaste?

Lendoiro podería abandonar o Deportivo a finais da tempada

Segundo informacións aparecidas a quinta feira nun xornal deportivo, o presidente do club coruñés podería deixar de selo en xuño.

Redacción - 11:36 11/10/2007
O actual presidente do Depor, César Augusto Lendoiro

O actual presidente do Depor, César Augusto Lendoiro

Podería ser en xuño cando Augusto César Lendoiro deixe de ser o presidente do Real Club Deportivo da Coruña.

Segundo publicaba esta quinta feira o diario As, o presidente do Depor podería abandonar o seu cargo de xeito "non traumático" para que o club poida ao fin facerlle fronte ás débedas que o perseguen.

Segundo este diario, Lendoiro reuniuse a pasada terza feira no Playa Club coruñés con directivos do Banco Gallego e Caixanova, dous dos principais acredores do club, para comezar a tratar da súa saída do Depor. O presidente deportivista estaba acompañado por Germán Rodríguez Conchado, asesor xurídico do club e o seu segundo na xestión da entidade.

O endebedamento do Depor
A capacidade de endebedamento do Deportivo xa chegou ao seu límite e cos ingresos que vai serrando non chega a facerlle fronte á débeda acumulada nos últimos anos, uns 136 millóns de euros. Unha das solucións que se barallan para terminar coa débeda acumulada é a ampliación de capital, un proceso no que o club coruñés xa está inmerso.

Abrir a entrada a inversores sería a chave para acadar o apoio dos bancos.En decembro deste ano o club celebrará unha súa asemblea na que se falará da despedida de Lendoiro.

O segundo tento
Este xa é o segundo tento de marchar que fixo Lendoiro. A finais do ano pasado xa quixo desligarse do clube, ante as queixas dos accionistas e afeccionados, uns porque perdían cartos e outros porque non gañaban nada. Mais daquela non puido marchar, porque as débedas poderían perseguilo, a el e a parte da súa familia, que traballa no club.

En decembro deste ano o club celebrará unha súa asemblea na que se falará da posíbel despedida de Lendoiro.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: