Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

O Karpin Galicia finaliza a Vuelta 'cum laude'

Ezequiel Mosquera, quinto na xeral, e un máis que meritorio séptimo posto na clasificación por equipos referendan o sensacional debú do equipo galego.

Redacción - 18:02 23/09/2007
Tags: KGZ Vuelta

Tal e como se agardaba, a última xornada da Vuelta non deparou sorpresas. O italiano Daniele Benetti conseguiu a vitoria nunha etapa de trámite con chegada en sprint. O ruso Denis Menchov foi o xusto mailló amarelo dunha proba que gaña por segunda vez. Carlos Sastre e Samuel Sánchez acompañárono no podio final.

Un notábel ben alto, esta é a nota que podería poñérselle ao Karpin Galicia logo da súa brillante estrea na Vuelta. O equipo galego volve de Madrid cos obxectivos máis que cumpridos. Un séptimo posto na clasificación por equipos (de 21 clubes participantes) e a quinta praza na xeral para Ezequiel Mosquera son probas elocuentes para calibrar o potencial que ten o KGZ. A isto hai que sumar as nove xornadas no podio da Montaña. Poucos dubidan que o equipo do noso país foi unha auténtica revelación na gran proba.

Tan axiña como rematen os compromisos en Madrid, os deportistas farán as maletas para regresar en vehículos particulares a Galiza. Como explicaban dende o equipo, “ despois de tres semanas a xente ten moitas ganas de chegar e ver á familia”, sinalaban responsábeis do KGZ. Mais o descanso durará poucas horas. Este luns a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral de Deporte, Marta Souto, recibirán en Compostela ao corredores e técnicos.

Clasificación Xeral                         
1-D.Menchov
2-Carlos Sastre
3-Samuel Sánchez
4-C. Evans
5-Ezequiel Mosquera

Clasificación por Equipos
1-C.D'Erpagne
2-Euskaltel
3-AGR2
4-CSC
5-Liquigas
6-Cofidis
7-Karpin Galicia


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O KGZ fixo un extraordinario papel na Vuelta
O KGZ fixo un extraordinario papel na Vuelta
Ezequiel Mosquera amarrou un quinto posto na clasificación xeral
Ezequiel Mosquera amarrou un quinto posto na clasificación xeral
Serafín Martínez estivo nove xornadas no podio da Montaña
Serafín Martínez estivo nove xornadas no podio da Montaña