Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo, Vuelta

Klier gaña a etapa e Martínez anda a un punto de liderar a montaña

O corredor alemán del T-Mobile Andreas Klier, gañou a sexta feira a 13ª etapa da Vuelta disputada sobre 176,4 km entre Hellín e Torre-Pacheco (Murcia). O galego Serafín Martínez anda a un punto de liderar a montaña.

Redacción - 19:16 14/09/2007
Serafín Martínez está a un punto de liderar a montaña

Serafín Martínez está a un punto de liderar a montaña

O ruso Denis Menchov, do Rabobank, segue a manter o seu maillot amarelo de líder da rolda española, após entrar undécimo a catro minutos do gañador da etapa, co resto do pelotón.

Klier chegou un chisco antes á meta de Torre-Pacheco que o holandés Tom Stamsnijder, do Gerolsteiner, após unha fuxida de ámbolos dous, en solitario. Terceiro foi o francés Jeremy Roy do Française des jeux. Os tres ciclistas protagonizaron a primeira fuxida que terminou con éxito nesta Vuelta, comezándoa no quilómetro 20 e chegando á meta sen que os do gran pelotón os alcanzasen. Mesmo chegaron a ter 8 minutos de vantaxe sobre o ciclistas do pelotón.

Na tarde do sábado comezará a 14ª etapa de 207 quilómetros entre Puerto Lumbreras e Villacarrillo, con catro portos de 3ª categoría.

Serafín Martínez, a un punto do maillot da montaña
Na actualidade tamén anda un outro corredor do Karpin, Serafín Martínez o que está a dar abondo que falar nesta Vuelta, xa que está a un punto só de ser líder de montaña, seguindo de preto ao actual líder da Vuelta, o ruso Denis Menchov. O galego, nado no Rosal hai 25 anos, levou hoxe a camisola de líder de montaña, xa que o ruso levaba o maillot amarelo que todos están loitando por lle roubar.

Ezequiel Mosquera: "Foi un día de tolos"

Ezequiel Mosquera conservou o seu quinto posto na xornada da sexta feira, e recoñeceulles aos organizadores da rolda española que esta 13ª etapa non foi tan infernal para el: "Foi un día dos que non esqueces. Tivemos que superar auténticos ríos, tivemos que evitar unha chea de caídas nunha carreteira que era máis una pista de patinaxe que asfalto para circular... Despois o Caisse d'Epargne provocou un ataque e colleume mal colocado. Cando consigo entrar e xa pensaba que estaba todo tranquilo, pincho e outra vez cheo de nervios. Foi un día de tolos". Ezequiel Mosquera engadiu: "o problema en Murcia é que non chove case nunca. Por iso o día que chove é moi perigoso para os ciclistas porque o asfalto non está limpo".

David García: "Ezequiel ás veces debería ser un líder máis esixente"
David García acabou a duodécima xornada queixándose, como nas últimas, das dores cervicais, mais comentou que nestes momentos a súa prioridade en carreira é Ezequiel Mosquera: "Veloso e eu somos os que temos que estar pendentes en todo momento de Ezequiel. Na chegada da quinta feira estaba un pouco atrás e en dúas series, unha de Veloso e outra miña, volvémolo a colocar diante. Non é un ciclista que necesite que esteas demasiado pendente del. Ao contrario, cando te despistas escapa e tes que ir detrás del. Tampouco é moi esixente; ao contrario, ás veces se ve un perigo non avisa, por non molestar aos compañeiros, pero penso que debería dar máis ordes", dixo.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Santos González, do KGZ, centro de atención dos medios ao ser o único corredor valencioano este ano na Vuelta
Santos González, do KGZ, centro de atención dos medios ao ser o único corredor valencioano este ano na Vuelta
Unha imaxe dos membros do KGZ, nos traslados dunha etapa a outra nesta Vuelta
Unha imaxe dos membros do KGZ, nos traslados dunha etapa a outra nesta Vuelta