Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ofrece servizos e asesoramento

O CDG presenta unha temporada aberta ao seu público

O Centro Dramático Galeg quere achegarse ao público. Tres producións novas e unha coprodución súmanse a unha nova iniciativa: na rede "Espazos CDG" participan 12 concellos.

Redacción - 18:20 12/09/2007

A conselleira de Cultura Ánxela Bugallo, a directora do CDG, Cristina Domínguez, Miguel Martín, director-xerente do IGAEM, o elenco e os directores das montaxes e os representantes da ducia de concellos que integran "Espazo CDG" presentaron a nova tempada no Salón Teatro.

Este 28 de setembro, a versión libre de Noite de Reis, de Shakespeare, que dirixe Quico Cadaval, inaugura a tempada neste escenario compostelán. Outras dúas producións do CDG que virán despois son unha adaptación con monicreques da obra de Neira Cruz Valdemuller, dirixida por Pablo Vergne, e xa en maio, o proxecto dos tres autores residentes do Centro de Creación Dramática Contemporánea que coordina Dani Salgado: DramA3, unha obra que cuestiona o estabelecido, que trata sobre o "ascenso ao poder das xeracións máis novas e a busca da purga intelectual".

A coprodución, que se estreará tamén en maio, chámase Cascuda: o rompedor Diego Anido, creador galego afincado en Barcelona, pon na escena un discurso artístico que racha coas fronteiras das disciplinas estéticas convencionais. Xa gozamos na última edición de 'En Pé de Pedra', o festival de danza para paseantes, dun pequeno adianto desta fusión de danza, teatro, performance e música.

Á parte da actividade escénica, o CDG pon en marcha unha serie de servizos, dende o préstamo do seu fondo (atrezzo e demais material), ao asesoramento profesional e visitas guiadas polo Salón Teatro, ademais de incidir tamén na formación con diversos obradoiros.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: