Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"PARA AUMENTAR OS INVESTIMENTOS REAIS"

O alcalde de Pontedeva renuncia a cobrar das arcas públicas

O rexedor deste municipio ourensán négase a cobrar do municipio e tenta que os da oposición fagan o mesmo

M.V. - 13:31 03/09/2007
González é alcalde e empresario

González é alcalde e empresario

Mentres aumenta a polémica polo 'complemento' que cobrarán os cargos da Xunta, o alcalde de Pontedeva predica co exemplo. Juan Carlos González -novo rexedor popular deste pequeno concello ourensá- sacou adiante no pleno do último venres un acordo polo que renuncia aos 28 euros por día que recibía o anterior mandatario.

Segundo informan fontes do concello, o tesoureiro da entidade sumouse a iniciativa e tampouco recibirá un peso. Nin alcalde nin tesoureiro tiñan dereito a un soldo fixo, pois non gozaban de adicación exclusiva ás tarefas administrativas. Porén, si poderían ter aprobado unha compensación por cada día que acudisen ás oficinas públicas, como sucede en moitos municipios. Aínda así, renunciaron “para aforrar os cartos e destinalos a investimentos”, indican fontes do Concello.

Os da oposición si queren cobrar
Curiosamente, no mesmo pleno o alcalde tentou que os concelleiros tampouco cobrasen por acudir aos plenos extraordinarios. A oposición do Partido Socialista de Galicia negouse, polo que a votación quedou empatada; con tres votos a favor (do PP), tres en contra (dos socialistas) e unha abstención (dos independentes).

Agora está por ver se o voto de calidade do alcalde é dabondo para deixar aos seus compañeiros de corporación sen estes ingresos.


3,75/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: