Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O medio Ambiente é algo máis que a Rede Natura 2000

A Federación Ecoloxista Galega presentou tamén presentou alegacións ao Plano Acuícola da Xunta.

A FEG sorpréndelle as declaracións do Director de Recursos Mariños, reprochando á sociedade onde estaba cando presentou o anterior Plan. ESTABAMOS NO MESMO LUGAR NO QUE HOXE EN DÍA ESTAMOS. Tamén sorpréndelle que diga que "o plan non se vai mover" ¿Acaso considera que o trámite de Exposición pública é un mero trámite que non se hai que facer caso á sociedade?

FEG - 09:56 31/08/2007
Tags:

A FEG unha vez revisado O Plan de Acuicultura de Galicia comproba que o Plan non ten ningunha garantía dende un punto de vista ambiental.

a)    Só se ten en conta a nivel de espazo protexido a presenza ou non de Rede Natura, e en especial os hábitats prioritarios, desprezando os outros hábitats protexidos pola Directiva Hábitat.
b)    Non se ten en conta a presenza de especies mencionadas na Directiva Hábitat ou do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e especialmente as especies de flora.
c)    Non se fai ningunha valoración dos posibles efectos no funcionamento destes parques, sobre todo aqueles colindantes á rede natura
d)    Non se estudia a afección dos posibles efectos sobre as ampliacións da Rede Natura que está barallando a Administración Autonómica.
e)    Non se fai ningún tipo de análise ambiental sobre aquelas que son ampliación, sendo un bó número as presentes dentro de territorio protexido. Polo mero feito de que nestes momentos haxa instalacións, polo xeral de pequenas dimensións, deben ser tratadas da mesma forma que se fai coas novas.

Estase a falar de continuo da Rede Natura e parece que este foi o único factor medioambiental utilizado para a realización deste documento, desprezando outros tipo de factores ecolóxicos.
 Aínda así a non construcción en Rede Natura non é garantía de non afección a estas superficies protexidas, polos seguintes motivos.

a)     Non se garanten zonas tampón para os espazos Rede Natura para evitar impactos externos. Técnicos de Medio Ambiente aseguran que actualmente só se incluíu na proposta galega de Rede Natura aquelas superficies con hábitats prioritarios ou superficies na que inclúen especies das listas da Directiva.
b)    Este Plan de Acuicultura, aproveitase de carencia de directrices de xestión dos Espazos protexidos.
c)    De forma imprevista no último decreto sobre Rede Natura, publicado no 2004, elimináronse zonas que se propoñían dende o ano 1999 para estar nesa Rede. Nunca se xustificou tecnicamente a súa eliminación da Rede de Lugares de Interese Comunitario. Pouco a pouco foise demostrando que os intereses eran basicamente económicos, minas, canteiras ou Polígonos industriais foron aprobándose ao pouco (véxase O Courel, Serra de Careón ou as Gándaras de Budiño). A costa non quedou fóra destes movementos especulativos, alguns destes lugares “desprotexidos” son aproveitados por este Plan de Acuicultura
d)    A Unión Europea mantén sen aprobar aquelas propostas de lugares mariños para a Rede Natura pola falla de xustificacións técnicas, polo que se volveu a solicitar estas xustificacións. Mentres, deberíase de exercer o principio de prevención, principio que España ten aceptado en moitos dos convenios internacionais (como pode ser o OSPAR), para a prevención dos danos a lugares e espazos susceptibles de incorporarse á Rede Natura.
e)    A Consellería de Medio Ambiente, no Consello Galego de Medio Ambiente e desenvolvemento Sostible, presentou un avance dunha proposta de ampliación da Rede Natura na cal afectaría a zonas hoxe en día a zonas limítrofes a estas plantas ou ben zonas mariñas directamente afectadas.

No 2007, publicouse a Lei de medidas urxentes de protección do litoral polo que crea unha moratoria nos plans urbanísticos durante dous anos, tempo que se utilizara para crear un plan de ordenación do litoral Galego.

O Plan Xeral de Ordenación do Litoral Galego, ven a ser un Plan xenérico do territorio a estudo por este mesmo Plan.

Entendemos que Plan de acuicultura debe estar supeditada a un Plan máis Xeral como o comentado anteriormente. Polo que cremos que é motivo suficiente para a paralización do proceso deste Plan de acuicultura, ata a aprobación do Plan Xeral de ordenación do Litoral.

Inexplicables declaracións do Director Xeral de Recursos Mariños (declaracións á cadena ser)
¿Que quere dicir o Sr. Director cando dixo que o Plan non vai a dar marcha atrás? ¿Quere dicir que despreza o prazo de Exposición pública recentemente rematado?. Resulta insultante que pregunte onde estábamos os que protestando, cando o PP presentou o Plan agora REVISADO E AMPLIADO. O movemento Ecoloxista, e FEG, estaba no mesmo sitio; loitando, protestando e solicitando un Plan lóxico e sustentable. ¿Onde estaba o Sr. Director?.

O Plan de Acuicultura, nin o borrador da Lei de Pesca co que está a traballar a Consellería de Pesca, obriga a estas instalacións a depurar as augas utilizadas Ou senón, ¿Porque non se aposta por instalacións de circuíto pechado nas que se reciclaría a auga?


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: