Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTIVIDADE DO CLUBE INTERNACIONAL DE PRENSA

Internautas de 55 países interésanse polo Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico"

Houbo consultas de varios países europeos, latinoamericanos, asiáticos, 3 africanos e norteamericanos no que vai de agosto. O blogue do simposio tivo unha media de 200 visitas diarias.

Redacción - 18:08 24/08/2007

O Clube Internacional de Prensa, organizador do evento, quere salientar o significativo número de persoas inscritas dende países latinoamericanos que acudirán a Galiza para participar no Simposio.

155 mil consultas nos primeiros 20 días de agosto
Nas páxinas electrónicas do Club Internacional de Prensa de Galicia, tanto na web como no blogue, houbo máis 4.400 entradas diferentes que indican unha media de 200 visitas distintas feitas cada día. Estas entradas prodúcense, principalmente, dende Europa e dende América Latina, aínda que África, Asia, Oceanía, América do Norte, Oriente Medio tamén forman parte destes rexistros.

O Clube Internacional de Prensa salienta que, a pesar do período vacacional que vive a maior parte dos habitantes dos distintos países occidentais, "a preocupación pola pobreza e desigualdade no mundo non toma descanso, algo que resulta alentador na medida en que reflicte a sensibilidade social respecto a esta realidade" que centra este encontro.

"Pobre Mundo Rico"

Neste Simposio, danse cita boa parte das máis destacadas personalidades no ámbito do coñecemento e a loita contra a pobreza e a desigualdade no mundo dende distintos campos temáticos. Nel analizaranse a meirande parte dos factores que provocan, inciden, determinan, alimentan ou se benefician desa pobreza e desa desigualdade que atinxe ao 40% da poboación mundial.

"Pobre Mundo Rico" ofrece ás 7 cidades galegas, -A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo- a posibilidade de participar tanto das Mesas-Debate e Conferencias, como das proxeccións audiovisuais que se levarán desenvolverán ao longo dos dous meses que dura: outubro e novembro.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: