Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTARASE A VINDEIRA SEMANA

Promoven unha plataforma contra a Cidade da Cultura

O colectivo pretende que non se gasten máis cartos no complexo e anuncia unha denuncia xudicial

Redacción - 18:20 23/08/2007
Os impulsores da plataforma cren que o gasto no Gaiás é excesivo

Os impulsores da plataforma cren que o gasto no Gaiás é excesivo

Xan Carlos Ansia, dirixente da CIG-Administración, anuncioulle este xoves a Europa Press que está a piques de constituirse unha plataforma cidadá contra a Cidade da Cultura. Segundo a mesma fonte, na iniciativa participan tamén membros doutros sindicatos e persoas a título individual. O colectivo, que nace con 40 persoas adheridas, darase a coñecer a vindeira semana en Compostela.

A plataforma esixe que non se prosiga “dilapidando diñeiro” en Gaiás e anuncia que presentará unha denuncia na Fiscalía Anticorrupción baseándose no crítico informe do Consello de Contas. Aínda que culpa directamente do sucedido aos anteriores executivos populares, non aforra críticas á redifinición proposta polo actual Goberno.


4.74/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: