Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres non se consiga suprimilas

O BNG aposta por "limitar" o funcionamento das deputacións a prestarlle apoio a concellos

Os nacionalistas consideran que o informe do Consello de Contas, que sinala o incumprimento do labor asistencial destes entes, "corrobora" as teses do BNG sobre o desencaixe das deputacións no actual modelo de país.

Redacción - 09:30 07/08/2007

"O BNG aposta por tratar a desaparición das deputacións desde un novo Estatuto de nación", explicou este luns Roberto Mera, secretario de Política Municipal do BNG, "e mentres ese cambio estrutural non se produza, os nacionalistas defenden a necesidade de que as deputacións limiten a súa actuación ás competencias básicas recoñecidas por Lei, é dicir, prestarlle apoio aos concellos".

O responsábel do Bloque subliña o "significativo" de que o informe do Consello de Contas faga fincapé no incumprimento por parte das deputacións do seu núcleo competencial básico. Así, o estudo sinala a escasa coordinación dos servizos municipais e a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos de menor capacidade económica de xestión. "Esta valoración confirma a necesidade defendida sempre polo BNG de afrontar unha reforma da actual organización territorial do país que conduza á desaparición das deputacións e a creación dunha nova estrutura institucional formada por concellos, áreas metropolitanas e comarcas", expuxo Mera, destacando que por ese camiño debera ir a nova organización "acorde coa realidade política e socioeconómica de Galiza".
"O país non pode permitirse o luxo de seguir soportando o custo dunhas deputacións provinciais que se converteron en simples intermediarias no reparto e distribución caciquil e e clientelar de cartos", laiouse o nacionalista, criticando o nivel de endebedamento e a "absoluta descoordinación" das deputacións.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: