Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 9 ao 12 de agosto

Tolos polo humor

Chega o IV Festival Internacional Manicómicos, que encherá Coruña de risa e diversión ao longo da vindeira semana.

Redacción - 12:09 02/08/2007

Este verán non para a actividade nas rúas: aínda acaba de arrincar o Festiclown en Compostela, e a semana que vén xa comeza Manicómicos na Coruña. Malabares, danza, clown, cabaret e novo circo para goce do público.

É a cuarta edición dun festival organizado pola asociación Manicómicos, creada por persoas vinculadas ao mundo do espectáculo para difundir a comedia e outras artes escénicas afíns. O festival conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación.

Nesta edición gozaremos dos espectáculos dos arxentinos DJCapuzzi & Señorita X e Manic Freak, Djammal, o Circo Culipardo a Ashafán III dende Madrid, El más revuelto, os asturianos Casi que si, Circonchita dende Badajoz, Trotonix dende Málaga e as compañías galegas Divino Malabar, Mina e o Circanelo de Fredi.

Match de improvisación teatral


Ademais das actuacións nas rúas e bares da cidade, por parte dunha ducia de compañías, este ano haberá unha interesante actividade formativa: a Sala Do Trinke acolle, do luns 6 ao venres 10, de 10.30 a 14.30, un taller de "Match de Improvisación". Será impartido polo italiano Simone Negrín e a galega Clara González.

O concepto foi creado por un grupo de actores canadenses encabezados por Robert Gravel e Yvon Leduc en 1977, para atraeren os espectadores ás salas de teatro: mestúranse improvisación teatral e unha competición deportiva. Dous equipos, un árbitro e o público deciden a marcha das cousas nun escenario que parece un ring de boxeo.

O curso está aberto a persoas profesionais ou sen experiencia, con interese nas artes escénicas ou simplemente en melloraren a súa capacidade de comunicación e expresión. Para inscribirse cómpre chamar aos Teléfonos 981235024 ou 678556570 antes do 4 de agosto. O prezo do curso é de 140 Euros.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: