Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Finalistas o 4 de agosto

Outra semana para votar en A Polo Ghit!

A semana pasada rebordou todas as nosas expectativas: vinte novas pezas! Ante tal entrada masiva de cancións, hai sete días máis para poderdes escoitalas, comentalas e votalas.

Redacción - 12:00 28/07/2007

O xurado desta edición de A Polo Ghit!, integrado pola xornalista María Yáñez, Noel Feáns, artífice da plataforma A Regueifa, o músico Luís Queimada e Xavier Campos, como representante do IGAEM, escollerá este sábado 4 de agosto os posíbeis ghits. Calquera destes finalistas pode ser o afortunado que viaxe a Cuba e herde de Pulpiño Viascón e o seu In the Ocean o grao de "ghit" do verán. Saberémolo o 18 de agosto.

Este ano, debido á saturación dos últimos días (en ocasións por problemas técnicos ao acumulárense tantas cancións, outras por chegaren xa fóra de prazo), foron moitas as cancións que quedaron fóra. Para o ano agardamos solucionar os problemas que experimentamos na recolla de cancións, pero tamén propoñemos que as cancións sexan enviadas canto antes para evitar colapsos de última hora.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Banda da Señorita e Tomasa
A Banda da Señorita e Tomasa
Javi Maneiro á guitarra, Cristina e Alba ás cunchas
Javi Maneiro á guitarra, Cristina e Alba ás cunchas
Lulu en directo, a fin de semana pasada, en Ribeira
Lulu en directo, a fin de semana pasada, en Ribeira