Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Enciclopedia libre

A wikipedia en galego supera os 25.000 artigos

De entre as 253 versións que existen, a Galipedia atópase no posto 37.

M. del Río - 13:36 27/06/2007
Portada da Galipedia

Portada da Galipedia

A Galipedia, versión galega da Wikipedia, a enciclopedia libre da internet, xa superou os 25.000 artigos en pouco máis de catro anos de andaina. Os 2.232 usuarios rexistrados e os 18 administradores están a traballar arreo para ampliar día a día, de xeito desinteresado, os contidos da web. O 23 de xuño acadouse o número 25.000 e este mércores está a piques de se chegar ao 25.100.

A wikipedia galega atópase nun moi meritorio posto 37 de entre as 253 versións que existen da enciclopedia dixital, nun nivel semellante ao grego e o croata, e por riba da wikipedia éuscara, que está no posto 47.

Encabeza a listaxe de linguas, como era de supoñer, a wikipedia en inglés, a primeira que se creou, que conta con máis de 1.800.000 artigos. Por detrás están a alemá (600.000), a francesa (517.000), a polaca (case 400.000 artigos), a xaponesa (385.000) e a italiana e neerlandesa, con algo máis de 310.000 cada unha.

A wikipedia portuguesa, no oitavo posto, con 268.000 artigos, supera a española, que é novena con menos de 250.000. Completa o top 10 a enciclopedia sueca, que ten 236.000 artigos. A partir de aí, ningunha wikipedia sobrepasa a barreira dos 200.000.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: