Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Eva Castro foi seleccionada ao fin para ir ao Mundial

Despois de que o pasado ano a federación a deixara fóra da convocatoria, a pesares de ser a terceira clasificada no europeo de Alemania, este ano rectificaron e ofrecéronlle asistir ao europeo e ao mundial 2007.

Redacción - 11:09 27/06/2007
Eva Castro (Foto: BNG Oleiros)

Eva Castro (Foto: BNG Oleiros)

Aínda que a ciclista galega vai ter que renunciar a asistir ao Europeo de BMX, como consecuencia da lesión provocada por unha súa caída en Suíza na 2ª proba da Copa do Mundo -rompeu a clavícula e danou as costas e a cabeza nun adestramento-, asegura que vai estar en perfecta forma para o Mundial que se celebra en setembro.

Rectificar é de sabios
A Federación Española, que fracasou no pasado Mundial, recorre agora á deportista con máis garantías de estar entre as mellores do mundo. Eva Castro está finalmente entre as ciclistas escollidas, depois de que o ano pasado a deixasen en terra e a esquecesen para os Mundiais de Nova Celandia, a pesares de estar ela no top-ten do fourcross feminino mundial.

Muller e deporte: igualdade
A Igualdade tamén no deporte é o título da charla que vai dar a ciclista oleirense a vindeira sexta feira 29 de xuño, organizada pola Dirección Xeral do Servizo Galego de Igualdade do Home e a Muller da Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

A Conferencia será presentada pola Directora Xeral Ana Luisa Bouza Santiago e contará con material audiovisual da primeira proba da Copa do Mundo de Four Cross, elaborado pola produtora Mr. Misto Films e na que Eva Castro acadou o terceiro posto.

A charla será Casa Charry de Oleiros, e nela Castro falará da súa carreira e defenderá un trato igualitario e non sexista no deporte, que a ten marxinado a ela tamén, a pesares dos seus sobrados méritos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Participando na Copa do Mundo de FourCross, o ano pasado en Vigo
Participando na Copa do Mundo de FourCross, o ano pasado en Vigo
A maior especialista galega do fourcross agarda na saída, en Vigo en 2006
A maior especialista galega do fourcross agarda na saída, en Vigo en 2006