Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un 37%, na última década

O gasto mundial en armamento militar medrou un 3,5% en 2006

En total, gastáronse preto dun billón de euros no mundo. Case a metade correspóndenlle aos EUA, que ademais é o principal exportador.

Redacción - 12:58 12/06/2007
Inforfe do SIPRI

Inforfe do SIPRI

O gasto mundial en armamento militar ascendeu en 2006 a 1,2 billóns de dólares (uns 900.000 millóns de euros), un 3,5% máis que o ano anterior, segundo o informe anual presentado esta terza polo Instituto Internacional de Estudos para a Paz de Estocolmo, SIPRI. En total, o gasto militar mundial na última década (1997-2006) medrou un 37%.

EUA gastou o ano pasado 528.700 millóns (395.485 millóns de euros), mentres que Rusia ficou en 34.700 (25.957 millóns de euros).

China converteuse no mesmo período no principal investidor en gasto militar en Asia, con 49.500 millóns de dólares (37.000 millóns de euros), por diante de Xapón, con 43.700 (33.000 millóns de euros), e de India, con 23.900 (17.878 millóns de euros).

Venta de armas a Oriente Próximo
O volume de armas convencionais que se venderon en 2006 foi un 50% superior ao de 2002. China e India foron os principais importadores, mentres que Estados Unidos e Rusia encabezaron a clasificación de exportadores.

Tanto os EUA como a Unión Europea continúan proporcionando "grandes cantidades de armas" a Oriente Medio, "malia saber que se trata dunha rexión moi perigosa", sinala no documento Siemon Wezeman, xefe do proxecto de transferencia de armas do SIPRI.

Países nucleares
Estados Unidos, Rusia, Francia, Reino Unido e China acumulaban a principios deste ano 26.000 cabezas nucleares, segundo o informe, que salienta ademais que malia a redución global do número destas, os cinco países mencionados planean programas para modernizaren os seus arsenais.

"As decisións tomadas polos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU permitirán a existencia de armas nucleares nos seus arsenais até máis aló de 2050", denuncia no informe Ian Anthony, xefe do proxecto de non proliferación e control de exportacións do SIPRI.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: