Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Colectivos sociais convocan o "contracumio"

"Quen lle debe a quen?": As outras voces á beira do G8

No medio dos tirapuxas de Rusia co resto de países e a renuncia a compromisos concretos, entre outros en materia de medio ambiente, comeza en Alemaña a xuntanza dos países máis ricos.

Redacción - 14:45 06/06/2007



Non se estabelecerá de momento un obxectivo global a longo prazo para a redución dos gases do efecto invernadoiro. Así o confirmaban este mércores diante da apertura en Alemaña do cumio dos países máis ricos. O comunicado final, deseñado xa ao detalle polas delegacións asistentes nas reunións previas dos últimos días, renuncia a facerlle fronte a ese desafío.

Mentres, segue sendo noticia o amplísimo despregue de forzas de seguridade realizado polo goberno alemán no contorno da localidade onde ten lugar esta xuntanza dos sete países máis industrializados e Rusia. As medidas, cualificadas de "esaxeradas" por algúns deputados socialistas do Parlamento alemán, lembremos que o partido goberna en coalición cos conservadores, incluíron nas últimas semanas polémicas operacións de rexistro nas sedes de colectivos alterglobalizadores. Logo dos incidentes da manifestación da pasada fin de semana, o executivo alemán intensificou a presión sobre estes grupos.

Tamén contracumio "africano"
Alén das actividades que á beira do cumio alemán están despregando asociacións ecoloxistas ou de defensa dos dereitos civís, outra cita reivindicativa ten lugar a moitos quilómetros de aló, en Sikasso, ao sur de Mali.

Aló, diversos colectivos xúntanse para recordarlle aos máis poderosos a débeda que teñen pendente con África. Baixo o lema "Si á solidariedade e non ao egoísmo", lembran que o G8 está incumprindo os plans que aseguraba ter para este continente, entre eles, a renuncia á asignación no último ano de máis de cinco mil millóns de euros que prometeran investir en axuda ao desenvolvemento.

Guieiro na rede


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: