Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dobarrismo

Sae á rúa o disco de homenaxe a Do Barro

O lanzamento do Manifesto dobarrista e a posta en marcha da web dobarrismo.com marcan a eclosión dun fenómeno na escena pop galega.

Modesto del Río - 10:53 05/06/2007

Varias decenas de grupos emerxentes do país decidiron editar un disco de tributo a Andrés Do Barro. A proposta, que contou coa colaboración da discográfica Falcatruada e da plataforma A Regueifa, materializarase o mércores 5, coa chegada ás tendas de discos do traballo, que se titula Manifesto dobarrista.

O dobre CD, no que participan trinta bandas galegas, inclúe versións de temas de Do Barro reinterpretados con sons actuais, aínda que conservando a esencia da música que creara o cantante ferrolán. O disco compleméntase coa web dobarrismo.com, punto de encontro do fenómeno na rede.

O responsábel de prensa de Falcatruada, Iñaki Novoa, explicou que a filosofía popeira é a que predomina entre os grupos que argallaron a homenaxe: “Son grupos de tendencia pop, maioritariamente. Tiveron a idea de recuperar esa icona, o crapulismo de Do Barro. Querían recuperar as súas cancións. Falcatruada colabora na edición e na promoción do disco, e A Regueifa na conxunción de todo, e tamén na promoción”.

Novoa confía no éxito do disco e en cumprir co obxectivo que se marcaron os seus promotores: “Preténdese dar a coñecer a música que se está a facer en Galiza. Dos 30 grupos que participan, quizais os que teñen máis proxección son Narf e Boy Elliott. Queremos dalos a coñecer, esta música, estes grupos, en primeiro lugar ao público galego, e despois tamén fóra de Galiza. Reivindicamos un espazo propio, herdado de Do Barro, e tamén a música propia do país”.

Moitas das formacións que interveñen na gravación tamén actuaron na gala de homenaxe a Do Barro que tivo lugar o 15 de maio no teatro Jofre de Ferrol e que, casualmente, se emitiu o pasado sábado á noite pola Galega. Dese espectáculo formaba parte a interpretación da Pandeirada por Nouvelle Cuisine:


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: