Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
É UN DOS SECTORES CON MAIORES POSIBILIDADES DE CRECEMENTO

A primeira reunión para crear a patronal galega do software libre celébrase este mércores

Unha ducia de firmas xúntarase en Santiago para sentar as bases dunha nova asociación. Os empresarios vascos contribuirán coa súa experiencia.

M.V. - 16:25 22/05/2007

A Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago acolle mañá mércores unha xuntanza pioneira. Unha ducia de compaías do país que traballan con programas abertos reunirase por vez primeira para sentar as bases dunha asociación de empresas galegas de software libre.

O obxectivo da reunión é "designar unha comisión responsable” da creación do ente, segundo explica no seu blog Javier Vázquez, responsábel de negocio de Igalia e un dos promotores da convocatoria.

Case 50 empresas

A coruñesa Igalia, con máis de 25 empregados, é unha das firmas máis coñecidas do sector; pero Mancomun.org (a iniciativa da Xunta a prol destes programas) xa ten rexistradas 49 firmas do país que traballan con aplicacións abertas.

O software libre é un dos campos no que se agarda un maior crecemento da industria informática, segundo indicaron os expertos entrevistados para a elaboración do Plano Estratéxico da Sociedade da Información.

Euskadi
Na reunión tamén participará Daniel Armendáriz, presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de software libre, que explicará aos asistentes a experiencia dos empresarios de Euskadi.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: